Opinión

A vantaxe da fidelidade electoral

DÁ IGUAL que xestione ben ou mal ou que as súas propostas sexan disparatadas. A presidenta madrileña, que chegou ao cargo a pesar dos seus desatinos (acórdense que sostiña que o concibido non nato debía ser membro da unidade familiar e que saíu fachendosa defendendo os atascos da capital, como seña de identidade) sabe que se aguanta a lexislatura continuará outros catro anos, porque tanto ten quen encabece a lista popular, sinónimo de vitoria na rexión, sempre fiel desde hai 25 anos. Igual que os alcaldes que sen mover unha palla durante o mandato son quen de manter a maioría sabedores do apoio cidadán, a presidenta de Madrid pódese permitir ter unha polémica pola súa residencia durante a pandemia, confundir decembro con "disease" no de Covid (non sabendo é mellor estar calado, pero que máis ten) ou copar titulares con fotos en pose Dolorosa. Aos seus votantes dálles o mesmo, e ao partido tamén, pois sábese gañador.

Comentarios