Lunes. 24.06.2019 |
El tiempo
Lunes. 24.06.2019
El tiempo

Vítimas, como sociedade, das redes sociais

CANSO de polémicas e consciente de que o volvían máis agresivo, un líder emerxente alemán deixa as redes sociais logo dun hackeo masivo a políticos, curiosamente ningún deles do partido de extrema dereita que ameaza non só a hexemonía dos tradicionais senón o propio sistema establecido no Estado tras a segunda gran guerra. Abandona un piar básico en política, de feito Trump non gañaría sen esta ferramenta nin Vox alcanzaría a representación obtida en Andalucía sen internet, aínda que é máis transcendente coas mensaxes anónimas e automatizadas que coas directas nunha conta propia. É máis importante que calquera outro soporte, nin televisión nin radio nin prensa poden competir con internet para a distribución de propaganda ao modo de Goebbels de que unha mentira mil veces repetida se converte en verdade. A falsidade empodérase na simpleza humana para divulgar fanatismos que acrecentan tensións e obstrúen a convivencia.

Vítimas, como sociedade, das redes sociais
Comentarios