domingo. 20.09.2020 |
El tiempo
domingo. 20.09.2020
El tiempo

Volve o transfuguismo, se é que non se fora

ESTE MES haberá unha reunión da comisión de seguimento do pacto antitransfuguismo, a primeira nos últimos dez anos. Esta corrupción política, tan extendida ata finais do século pasado e nunca erradicada completamente, volve coller forza logo de que o Constitucional tumbara a norma que limitaba a participación dos expulsados dun grupo.

O pasado agosto foi prolífico en tramitación de mocións de censura en concellos de Ourense, e do mesmo xeito: o PP apóiase en tránsfugas do PSOE para arrabatar alcaldías do BNG. E iso que os populares asinaron o pacto antitransfuguismo de 1998 e ratificárono logo, a última vez no 2006, pero legalmente poden facelo. Así vólvese papel mollado este acordo, porque non é de obrigado cumprimento. E imponse a compra de vontades de ser certa a denuncia de dirixentes socialistas en Castrelo de Miño de que lles ofreceran importantes prebendas para favorecer o cambio de goberno. Vella podremia política. 

Volve o transfuguismo, se é que non se fora
Comentarios