sábado. 28.03.2020 |
El tiempo
sábado. 28.03.2020
El tiempo

En xogo máis cá presidencia andaluza

NON SON XERAIS, pero parecen como unha primeira volta, se en España houbese unha democracia directa para a elección de presidente. As eleccións andaluzas son agora mesmo máis ca unhas autonómicas, e así o entenden os líderes políticos españois, que estarán practicamente cada xornada na comunidade, logo de pasarse a miúdo durante a precampaña, todos menos Sánchez, que apenas se involucra nestas eleccións. Se Díaz obtén bos resultados serán extrapolables a el, e se perde, a única responsable será ela.

Algo similar pasará con Iglesias, enfrontado coa líder do partido en Andalucía, pero a pesar das discrepancias o dirixente de Podemos si se envorcará na comunidade, igual que Casado e Rivera, que aquí máis ca buscar gobernos aspiran a encabezar o centrodereita, en disputa desde a caída de Rajoy. Un escenario volátil que deixará un pouso do que partir para as eleccións de maio, se antes non hai xerais a falta de orzamentos.

En xogo máis cá presidencia andaluza
Comentarios