sábado. 08.08.2020 |
El tiempo
sábado. 08.08.2020
El tiempo

Xulgar a vítima e xustificar o agresor

ESTES días en Pamplona non se xulga só a cinco homes, senón o comportamento colectivo da metade da poboación dividida por sexos, sobre a interpretación que se pode facer dos sinais das mulleres e, á inversa, se o proceder feminino pode inducir a erro. Como se unha moza que leve pouca roupa enriba signifique aceptar que se deite co primeiro que pase; como se unha que accede a ir a un piso sexa sempre con ánimo sexual; como se unha que incluso se dedique á prostitución poida ser obrigada ao que non quere. Porque o carácter dunha muller, se é riseira, extravertida ou promiscua, non debería ser o xulgado, igual que se é calada, virxe ou depresiva; non é o tema. O único do que se trata é de se as relacións son consentidas ou forzadas, independentemente da súa conduta, e iso parece que hai millóns de homes que non o entenden e xustifican o agresor. Cavernario.

Xulgar a vítima e xustificar o agresor
Comentarios