miércoles. 23.10.2019 |
El tiempo
miércoles. 23.10.2019
El tiempo

Xuntos pero non revoltos

PARTIDOS LIBERAIS en países de Europa como Alemaña ou Reino Unido saben o lugar que ocupan e confórmanse con ser bisagras cos dous principais cando corresponde, cara unha beira ou a outra. Son transversais. Quen en España parecía chamado a ocupar un espazo similar ante a dificultade de desbancar ao PP era Cs, de feito xa pactara co PSOE en Andalucía e despois cos populares. Pero a proximidade a estes en canto a apoios levou a Rivera a apostar todo á dereita, a disputar a prevalencia, non conformarse con ser o secundario moitas veces imprescindible. Por iso non acepta diluírse en España Suma con quen considera os seus principais competidores. Ensaiaran PP e Cs a alianza en Navarra, xunto con UPN, e o resultado foi satisfactorio, pero Ciudadanos non está polo labor de estendelo ao resto do país. Resístese a aceptarse como gonzo logo de estar preto de ser o dintel, a risco de quedarse en xamba.

Xuntos pero non revoltos
Comentarios