lunes. 28.09.2020 |
El tiempo
lunes. 28.09.2020
El tiempo

Entre vagóns e salgueiros

Ao ver os vagóns ir a tombos cara ao Sil, veume á cabeza a que nos últimos tempos é unha das maiores inquedanzas do meu tío Manolo. Tipo práctico e traballador, curtido nas obras en Suíza e na labranza, aos seus 80 anos vive indignado por non poder limpar os salgueiros que invaden os seus herbais a carón do río en Mazaricos. O asunto rómpelle os miolos de tal xeito que na redonda non queda veciño ao que non lle contase, buscando conforto, que Medio Ambiente non lle deixa tocar nas árbores. Que pensaría ao ver a escavadora botar o tren pola ladeira e cando Adif sostén que, como os vagóns están baleiros, "non hai risco de contaminación"? Figúraseme oílo dicindo: "O mundo está tolo!". E abofé que o está.

Entre vagóns e salgueiros
Comentarios