La semana pasada estuve en Zaragoza. Y no solo estuve, sino que fui hasta allí.
Lúa Mosquetera ten présa. Logo de rematar a conversa ten que ir dende Trasdoroña,un lugar de Miño, ata Correos para mandar exemplares do seu libro. Lúa acelera a vida como se o pedal non fixese tope. Se lle preguntas, diche que é "escritora", pero iso é unha sensación súa porque fai unha chea de cousas que lle devoran a vida e brillan como a felicidade.
HAI TRES meses finou Darío Xohán Cabana. Como esta é unha páxina de crítica literaria e non de información non houbo lugar a unha homenaxe ben merecida que si pode ter lugar arestora, xa que entre o seu legado inmenso atopamos unha novidade nas librarías, Xácome o fatalista, tradución da inmortal novela do ilustrado francés Denis Diderot.