Viralizouse un corte dun programa de televisión. Dous políticos de dereitas discutían cun científico. Ben, o de discutir é unha licenza poética. En realidade os dous opinadores interrompían a quen sabía e facían escarnio e maldicir dos seus argumentos científicos sobre o cambio climático. «Mañá volveremos, se non chega a Apocalipse» —o clásico recurso da esaxeración paródica da razón do opoñente—.
Hai unhas semanas viralizouse un corte dun programa de televisión. Dous políticos de dereitas discutían cun científico. Ben, o de discutir é unha licenza poética. En realidade os dous opinadores interrompían a quen sabía e facían escarnio e maldicir dos seus argumentos científicos sobre o cambio climático. "Mañá volveremos, se non chega a Apocalipse" —o clásico recurso da esaxeración paródica da razón do opoñente—.
A MORTALIDADE en España no mes de xullo multiplicou por cinco a cifra media da serie histórica, un dato arrepiante. Os científicos non se poñen de acordo na razón: os efectos da vaga de calor, unha onda de covid que pasou máis desapercibida para os máis novos, un fallo na contabilidade da estatística... ou todo xunto.