miércoles. 19.02.2020 |
El tiempo
miércoles. 19.02.2020
El tiempo

CRÓNICA

Os ataques cruzados entre Trump e Greta protagonizan a xornada en Davos

O Foro Económico Mundial de Davos foi o escenario este martes dun novo cruzamento de reproches entre o presidente estadounidense, Donald Trump, e a moza activista sueca Greta Thunberg a conta da crise climática. E mentres que Trump presumiu da súa posición negacionista sobre o quecemento da Terra e arremeteu contra os "profetas da fatalidade", Thunberg endureceu a súa mensaxe e criticou os líderes políticos e económicos e a súa " inacción" na loita pola supervivencia do planeta.