Crónica

Detido un home por agredir a un bebé de poucos meses para que se mantivese en pé

 Yousif Alqutai, un home residente en Arabia Saudita, foi detido despois de que se viralizase un vídeo no que se ve como golpea brutalmente á súa filla, de poucos meses de idade, por non ser capaz de manterse en pé.

Foi o propio home o que publicou as imaxes para demostrar, segundo as súas propias palabras, a súa forma de "ensinar" á pequena.

No vídeo, Alqutai agride en repetidas ocasións ao bebé e endereita a súa postura de malas formas para conseguir que permaneza de pé a pesar da súa curta idade.