Crónica

Falla unha atracción de feira en Tailandia e varios nenos saen polo aire

O fallo nunha atracción de feira en Lopburi, Tailandia, puido acabar en traxedia ao abrirse a barra de seguridade cando a máquina estaba en funcionamento. Varios nenos saíron despedidos e caeron ao chan. Milagrosamente, levantáronse polo seu propio pé e só sufriron golpes e mazaduras.