Crónica

Gravan unha brutal agresión machista en Eibar

O presunto autor da agresión con arma branca a unha muller en Eibar é un mozo de 17 anos, parella actual da vítima, que se entregou en dependencias da Ertzaintza, informou o Departamento vasco de Seguridade. 

Os feitos sucederon sobre as 15.40 horas deste martes na rúa  Sostoa- arren, onde a muller foi abordada pola súa actual parella e golpeada brutalmente, en presenza do seu fillo e dunha testemuña. 

Tras propinarlle varios golpes na cara e na cabeza, o agresor arroxou á muller ao chan e fuxiu do lugar, aínda que volveu pouco despois e atacouna de novo cunha navalla provocándolle unha ferida nunha perna, precisou a mesma fonte. 

A Ertzaintza foi alertada do ocorrido por varias testemuñas e enviou varias patrullas ao lugar, onde a vítima, maior de idade, foi atendida por persoal sanitario e evacuada nunha ambulancia a un centro sanitario. 

Grazas á gravación facilitada por unha testemuña, na que se ve parte da agresión que sofre a muller en presenza do seu fillo, que tenta defendela, púidose identificar o agresor e establecer un dispositivo de procura, xa que o sospeitoso non se atopaba no seu domicilio.