Crónica

Sacan un leopardo dun cuarto de lavandería nos arredores de Johannesburgo

Gardas privados e un veterinario atraparon un leopardo que deambulaba por unha zona residencial de Sudáfrica despois de que unha traballadora doméstica lograse encerralo no cuarto de lavandería dunha casa, segundo informaron os servizos de seguridade que interviñeron na operación. "Aparentemente a asistenta entrou no cuarto de lavandería e viu o leopardo, así que saíu correndo e pechou a porta", declarou o veterinario Clifford Bull ao portal informativo surafricano News24. Tras sedalo, Bull agarrou o felino polo pescozo e puido sacalo do oco entre dúas lavadoras onde se refuxiara, segundo o vídeo difundido por SCP Security na súa conta de Facebook.