Crónica

Multa e afastamento para o home que bicou a unha reporteira en Canarias

O mozo que bicou na cara a Raquel  Guillán, unha reporteira da Radio Televisión Canaria, cando informaba en directo sobre a intensa calima en Lanzarote foi multado con 2.410 euros. Tras a celebración dun xuízo rápido, a condena tamén recolle que "non poderá achegarse durante un período de 16 meses á redactora a unha distancia inferior a 300 metros do seu domicilio, lugar de traballo ou calquera outro frecuentado por ela, nin tampouco poderá comunicarse coa mesma por calquera medio ou procedemento".