Cultura

España, con Miki e 'La Venda', pechará a final de Eurovisión 2019

España, co seu representante Miki e a canción La Venda, será a encargada de pechar a quenda de actuacións a concurso da gran final de Eurovisión 2019 que terá lugar este sábado con 26 países participantes. Así o decidiu a Unión Europea de Radiodifusión, que deu a coñecer nas últimas horas a orde dunha gala que abrirá Malta co pop colorido de Chameleon e Michela e que concluirá coa contaxiosa fusión de rumba catalá e ska do candidato español como fin de festa.

Comentarios