martes. 17.09.2019 |
El tiempo
martes. 17.09.2019
El tiempo

DEPORTE GENERAL

A estatua de Johan Cruyff xa loce no Camp Nou

O Barcelona homenaxeou este luns a figura do holandés Johan Cruyff, a quen inmortalizou cunha estatua de bronce e 3,5 metros que xa loce na explanada do Camp Nou.

A entidade azulgrana desvelou a escultura, obra da artista holandesa Corry Ammerlaan van Niekerk, do que fora xogador (1973-1978) e adestrador do primeiro equipo (1988-1996), que xa loce xunto aos monumentos dedicados ao exxogador Ladislao Kubala e ao expresidente do club Francesc Miró Sans, impulsor da construcción do estadio.