lunes. 16.09.2019 |
El tiempo
lunes. 16.09.2019
El tiempo

ECONOMÍA

Un consorcio liderado por Boeing desenvolverá en Rozas un proxecto para regular o tráfico aéreo

A multinacional estadounidense Boeing encabezará un consorcio integrado pola Xunta, Televés, a startup Centum, o centro tecnolóxico Gradiant, Inta, Enaire e Soticol que desenvolverá de aquí ao próximo ano no polo aeronáutico de Rozas un sistema para a regulación do tráfico aéreo.

A finalidade será garantir a integración de aeronaves tripuladas e non tripuladas (drons) "nun mesmo espazo aéreo" en condicións de seguridade, segundo explicou este martes o presidente da Xunta na presentación do proxecto Galician Skyway-Civil UAVs Initiative en Santiago.

O fabricante de avións con sede en Chicago achegará 58 traballadores a esta iniciativa, que contará cun orzamento conxunto de 11 millóns de euros. "A idea é xerar solucións globais que poida comprar calquera empresa do mundo", recalcou Alberto Núñez Feijóo.

TEXTO: Verónica Núñez. VÍDEO: Pepe Ferrín