martes. 19.11.2019 |
El tiempo
martes. 19.11.2019
El tiempo

GALICIA

O BNG reivindica o seu labor na Eurocámara cun vídeo sobre Angrois

O BNG lanzou este luns vídeo electoral para as eleccións europeas do próximo 26 de maio con imaxes do accidente do Alvia que se rexistrou en 2013 no barrio compostelán de Angrois no que a eurodeputada e candidata Ana Miranda reivindica o seu traballo na materia para que se coñeza o ocorrido e pide poder rematar o seu labor. Os nacionalistas galegos remarcan no vídeo que a procura de "xustiza, verdade e reparación" a este respecto foi unha das "prioridades" que guiou a acción política do partido no Parlamento Europeo, segundo relata a propia Miranda.

Destacan o esforzo da europarlamentaria fronte a "os intentos do Goberno do Estado de botar terra sobre o que foi o maior sinistro ferroviario" e apuntan que o seu traballo serviu para que a Comisión Europea "escoitase ás vítimas", así como para que a Axencia Ferroviaria Europea emitise "un contundente informe que denuncia sen medias tintas que o Goberno español incumpriu a normativa comunitaria, que levou a cabo unha investigación parcial e sen rigor das causas do sinistro".

"Tiñamos a obrigación moral de defender este tema en Europa fronte a un Estado español que dun ou outra cor non quería investigar", sinala a aspirante a eurodeputada.