Galicia

O I Concurso Nacional de Manexo de Porco Celta, todo un éxito en Silleda

A ourensá converteuse na gañadora do I Concurso Nacional de Manexo da Raza Porco Celta coa porca Mora. O segundo clasificado foi José Vega, de Castro de Rei, con Asia, e o terceiro, Saúl Rouco, de Vilalba, con Cesáreo, entre un total de oito competidores.

Esta competición, que se celebraba por primeira vez na 41ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, organizouna a Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta e tivo moito éxito.

Os participantes tiñan que superar o percorrido no menor tempo posible e a proba final, subilo ao remolque, bonificaba.

Comentarios