domingo. 27.09.2020 |
El tiempo
domingo. 27.09.2020
El tiempo

Galicia

Todo un clásico electoral: aquí está a canción de Los Limones para o PPdeG

Os ferroláns Los Limones foron de novo os elixidos polo PPdeG para poñer a banda sonora por cuarta vez á súa campaña nunhas eleccións autonómicas co tema Galicia é moito.

A canción completa, da que xa soaran algúns fragmentos en actos de precampaña, foi estreada no acto que Alberto Núñez Feijóo tivo en Ourense, acompañado, entre outros, por Pablo Casado e Mariano Rajoy; un evento no que tamén foi estreado o  ogo de campaña.

Na súa conta de Twitter, Núñez Feijóo publicou un vídeo coa canción, nun fío no que tamén publicou as cancións cos vídeos das campañas de 2009, 2012 e 2016.

No vídeo coa canción de 2020 ven diversas imaxes de Galicia, de mitins do PP e tamén de edificios, maquetas e distintas actuacións financiadas con fondos públicos nas que aparece unha bandeira sobreimpresionada na que se le "Xunta".