Jueves. 21.02.2019 |
El tiempo
Jueves. 21.02.2019
El tiempo

GALICIA

Vigo apaga as luces de Nadal: "Oe, pois si que iluminaban!"

Unhas 35.000 persoas, segundo a Policía Local, acudiron ao apagado da iluminación do Nadal de Vigo na Porta do Sol. As luces levaban acendidas desde o 25 de novembro e o alcalde, Abel Caballero, non deixou de presumir do éxito que supuxo. A súa intención é que todos os anos se acendan o cuarto sábado de novembro e se apaguen o segundo domingo de xaneiro do ano seguinte. En 2019 xa anunciou que se activaría o 23 de novembro e que será, outra vez, "o mellor Nadal do planeta". Este domingo, na conta atrás, comentou con graza tras o apagado: "Oe, pois si que alumaba!".