Domingo. 19.08.2018 |
El tiempo
Domingo. 19.08.2018
El tiempo

GALICIA

As vítimas do Alvia lanzan un vídeo denuncia no quinto aniversario do accidente

A plataforma de vítimas do accidente do tren Alvia ocorrido fai agora cinco anos no barrio compostelán de Angrois, onde 80 persoas perderon a vida e 144 resultaron feridas, lanzan un vídeo denuncia coincidindo co quinto aniversario, que se conmemora este martes 24 de xullo. Con el denuncian que "durante cinco anos, a maquinaria do estado traballou para eximir a responsabilidade dos que foron neglixentes, tratando por todos os medios de botar toda a culpa ao último elo da cadea, o maquinista". Deste xeito, critican que estas persoas están "a evitar calquera tipo de responsabilidade e contaminando á opinión pública con mentiras e medias verdades".