Sucesos

Sae voando co seu coche despois de chocar contra unha rotonda

Unha moza de 27 anos foi arrestada en Long Beach (California) despois de que o seu coche chocase contra unha rotonda e saíse voando a gran velocidade.

A pesar do aparatoso da escena, máis propia dunha película que da realidade, a condutora resultou ilesa. Iso si, a Policía procedeu á súa detención como sospeitosa de conducir baixo os efectos do alcol e/ou drogas.