Vídeos

Alertan dos perigos do reto de inhalar condóns

O xogo, que leva varios anos movéndose polas redes, consiste en introducir un preservativo por un orificio do nariz ata que chegue á garganta para retiralo pola boca. O reto volveu agora a porse de actualidade tras unha información publicada por un medio da EE UU que se facía eco dun curso sobre os perigos de internet para os adolescentes. De todos os xeitos, aínda que a acción non é que gañara adeptos, os expertos alertan dos seus riscos.