jueves. 22.10.2020 |
El tiempo
jueves. 22.10.2020
El tiempo

Vídeos

Ataque de risa da portavoz do Goberno ao falar de novas especies invasoras

A rolda de prensa do Consello de Ministros deste venres mostrou a cara máis distendida da ministra portavoz,Isabel Celaá, que ao falar das novas especies exóticas invasoras tivo un ataque de risa frouxa que contaxiou aos presentes e circulou rapidamente pola rede. "As cousas que me fan ler! É que era moi exótico!", chanceaba tras a súa comparecencia Celaá, que fóra de micrófono confesaba que ten "unha risa frouxa moi fácil". A 'diversión', que durou apenas uns minutos, empezou cando ela pareceu sorprenderse polo que aprobara o Executivo: "O catálogo de especies exóticas invasoras en España. Coméntoo porque ten algunhas cuestións exóticas tamén", arrincou a ministra entre risas.