viernes. 15.11.2019 |
El tiempo
viernes. 15.11.2019
El tiempo

VÍDEOS

Aumentan a 31 os falecidos polos incendios de California

As autoridades e servizos de emerxencias seguen este luns a procura de máis de 100 persoas desaparecidas na zona afectada polo xigantesco incendio que queima desde o xoves o norte de California e que, xunto a outro lume no sur, causaron polo menos 31 mortos. Segundo información actualizada polo Departamento de Bombeiros do Condado de Butte (Calfire) na súa páxina de Twitter, o incendio bautizado como 'Camp Fire', ademais de cobrarse a vida de polo menos 29 persoas e deixar feridos a tres bombeiros, arrasou xa preto de 45.000 hectáreas, 6.450 vivendas e 260 comercios. O shériff do condado de Butte precisou que os seis últimos corpos foron localizados na localidade de Paradise.