Vídeos

Avistan un grupo moi numeroso de delfíns na ría de Vigo

O Instituto de Investigaciones Marinas de Vigo publicou un vídeo no que amosa un bo número de delfíns na ría da cidade. As imaxes, tomadas cun dron por Fernando Rouge, foron gravadas o pasado mes de febreiro. Trátase dunha cantidade moi elevada destes animais, un grupo que non se vira na ría galega ata agora. Os delfíns acostuman a vivir en augas máis cálidas, aínda que parecen ter desplazado os seus lugares máis habituais para converter a ría de Vigo no seu novo fogar.