Vídeos

Banksy denuncia a situación dos 'sen teito' en Nadal cun novo mural

O popular grafiteiro británico Banksy denunciou a situación que viven os sen teito no Reino Unido durante o Nadal cun novo mural aparecido nunha parede da cidade de Birmingham. 

A pintura, na que se mostra a dous renos de Papá Noel, apareceu nunha parede da rúa Vyse Street, onde se atopa o chamado barrio dos xoieiros.

Nun vídeo difundido na páxina de Instagram de Banksy, un mendigo de nome Ryan toma una bebida antes de tumbarse, con todas as súas posesións, nun banco pegado ao mural. Cando se amplía o plano desa imaxe, vese o par de renos situados en torno ao banco, ao que parecen arrastrar onde xace o senteito en dirección ao ceo.