Vídeos

O 'Bird box challenge' máis doloroso

O último reto que se puxo de moda deixa, como os anteriores, moito que desexar. Neste caso trátase dunha homenaxe á película protagonizada por Sandra Bullock Bird box (A cegas). A actriz interpreta a unha muller que se tapa os ollos e fai o mesmo cos seus fillos para evitar unha onda masiva de suicidios que arrasa á humanidade. Neste caso, un pai tenta o reto cos seus fillos, aínda que non todo sae ben: o pequeno sofre un pequeno imprevisto...