Vídeos

O desafinado paso de Rosalía por 'Tú Sí Que Vales' con 15 anos

A cantante catalá Rosalía ten, a pesar da súa mocidade, unha longa traxectoria musical ás súas costas. Moito antes de triunfar con 'Malamente', probou sorte en televisión en 2008 no programa 'Tú sí que vales', pero non foi a súa mellor actuación. "Desafinaches", advertiulle o xurado á artista adolescente, que entón tiña só 15 anos.