Vídeos

Tres detidos por soterrar vivos nove cachorros de labrador en Murcia

A Garda Civil leva a cabo na Rexión de Murcia a operación Puppies, unha investigación dirixida a esclarecer un caso de malos tratos animais despois de que fosen localizados nove cachorros de labrador que foran enterrados vivios en en unha leira situada no termo municipal de Mula, dos cales dous conseguiron sobrevivir. A investigación saldouse con tres persoas ás que se lles instruíron dilixencias como presuntos autores do delito. A investigación iniciouse a pasada semana, por mor da presentación dunha denuncia na que puña de manifesto que varias persoas enterraran vivos a nove cachorros dunha camada de cans cuns poucos días de vida.