Vídeos

O día que o Paseo da Fama quixo ser Abbey Road

Cincuenta anos despois de que The Beatles publicaran Abbey Road, Los Ángeles rendiu homenaxe á banda de Liverpool cun evento especial que cortou parte do Paseo da Fama e no que os numerosos fans californianos da banda se inclinaron, unha vez máis, ante o legado eterno dos de Liverpool. Unha fotografía recreando o paseo de peatóns máis inolvidable da cultura pop foi o máis buscado polos centos de seguidores que se achegaron a Vine Street, onde se atopan os emblemáticos estudos Capitol Records.