Vídeos

Esnaquiza cunha escavadora o hotel que lle debía 600 libras

Un traballador furioso co hotel que lle debía 600 libras descargou a súa ira co establecemento recentemente terminado, que estaba a piques de abrir as súas portas ao público. Ocorreu en Liverpool, Reino Unido, e a súa vinganza foi gravada por numerosas testemuñas que observaron, estupefactos, como o operario entraba no Travelodge cunha miniescavadora esnaquizándoo todo ao seu paso: a porta principal, o vestíbulo, o teito... Tras uns vinte minutos de destrución, volveu saír coa máquina e, despois de que algúns compañeiros tentasen detelo, deuse á fuga correndo.