Vídeos

Un espectador bébedo estámpase contra o chan en 'La Vida Moderna': bebera licor café

Un espectador de 'La Vida Moderna' rompeu, literalmente, a cabeza durante a gravación do programa. Ante a atónita mirada de  Broncano,  Quequé e  Ignatius  Farray, o home levantouse do seu asento, ao parecer, porque quería ir ao baño a vomitar, pero, tras cambalearse durante uns segundos, acabou caéndose de morros contra o chan do estudio e abríndose unha brecha na cella. "Pois si que vai pouco católico!", exclamou Broncano. E Ignatius, tras coller unha bolsa que levaba un amigo do accidentado espectador, descubriu que dentro había unha botella de licor-café. "Lévao pola metade", dixo o cómico canario, para poñer broche a un dos momentos máis surrealistas do programa.
Comentarios