Vídeos

A faceta descoñecida de Caballero: o alcalde de Vigo tamén é DJ

Abel Caballero volveu sorprender a todos. O alcalde de Vigo mostrou unha das súas facetas descoñecidas esta fin de semana durante a celebración en Samil do Gran Prix Europeo de Automodelismo. O rexedor púxose aos mandos dunha improvisada discoteca móbil montada sobre un vehículo clásico e puxo un tema ante o abraio dos que alí se atopaban.