Vídeos

O xesto de Cristiano Ronaldo ao entrar no estadio vólvese viral

Cristiano Ronaldo está dando que falar nas redes sociais polo xesto que realizou ao entrar no estadio da Juventus o pasado domingo, cando se disputou o partido ante o Inter de Milán a porta pechada como medida de prevención ante a crise do coronavirus.

Tras baixarse do autobús, o futbolista portugués simulou que chocaba as mans de aficionados imaxinarios. Posteriormente, durante o quencemento, Cristiano Ronaldo volveu sorprender aos presentes aplaudindo á bancada baleira.