Vídeos

Un guepardo sube a un coche e sorprende a uns turistas en Tanzania

Un grupo de turistas viuse sorprendido durante un safari polo parque nacional do Serengueti, en Tanzania, cando un guepardo saltou sobre o teito aberto do todoterreo no que viaxaban. O animal, que só quería refuxiarse do sol, permitiu aos visitantes que tomasen fotos con el.