Vídeos

A indispensable aportación dun gato a un reto viral

Un gato estivo a piques de estragar o obxectivo dunha familia estadounidense: conseguir que unha bóla finalizase un circuito de varios metros realizado no interior da súa casa. Cando a pelota estaba a escasa distancia da meta, a mascota retívoa durante uns segundos, pero finalmente soltouna e puido completar o percorrido.