Vídeos

Un oso entra nunha casa pola fiestra en busca de comida

Unha parella de California recibiu unha inesperada visita na súa casa este mércores. Un oso aproveitou a ausencia de ambos para entrar na vivenda a través da fiestra co obxectivo de roubar algo de comida. Ao ver a cociña tan desordeada, a parella revisou as gravacións da cámara de seguridade, onde descubriron a identidade do ladrón.