Vídeos

Un policía detén dúas mulleres en Montana por falar en español

Un policía do estado de Montana, en Estados Unidos, retivo dúas mulleres estadounidenses durante 40 minutos tras escoitalas falar en español. Indignadas, gravaron un vídeo no que o axente lles explica o motivo da súa detención. "Vin que vostedes estaban falando en español na tienda, nun estado predominantemente de fala inglesa", comentou o policía.

Este caso prodúcese só uns días despois dun incidente ocurrido nunha cafetería en Nova York, onde un avogado recriminou ao encargado do establecemento que varios traballadores estaban falando español entre eles.