Viernes. 25.05.2018 |
El tiempo
Viernes. 25.05.2018
El tiempo

VÍDEOS

Un rato báñase como unha persoa... Malos tratos animais?

O 'curioso' vídeo dun roedor enxabonado, que se frega con xestos que ben poderían corresponder a un ser humano gozando dunha pracenteira ducha, correu como a pólvora nas redes sociais. Entre os que só perciben a graza dun pequeno animal comportándose de forma insólita xurdiron numerosas voces que denuncian un novo e terrible caso de crueldade cara os animais. Porque un rato só actuaría desa forma polo desexo de desfacerse do xabón que alguén lle colocou. Sen dúbida está incómodo, e mesmo podería estar a sufrir.