Vídeos

Rosalía, un dos rostros do Calendario Pirelli 2020

A cantante Rosalía é un dos rostros que protagonizarán o calendario Pirelli 2020. Xunto con estrelas como Emma Watson e Kristen Stewart, transformarase na Xulieta de Shakespeare, aínda que cun toque moderno, baixo a dirección do fotógrafo italiano Paolo Roversi. Tamén participan no proxecto Claire Foy, Mia Goth, Indya Moore, Yara Shahidi, Stella Roversi e Chris Lee.