Vídeos

'The Good Dotor', fillo adoptivo da Zapateira tras chancear con Ferreiro en Late Motiv

O protagonista da serie The Good Doctor sacou a relucir o seu pasado como galego na entrevista con Buenafuente en Late Motiv e, tras falar do seu personaxe na serie, do autismo e ata de fútbol, lembrou a época na que vivía en Madrid e inventouse que tiña unha avoa coruñesa. O programa sorprendeu a  Freddie Highmore cunha conexión co acalde da cidade herculina, Xulio Ferreiro, quen presumiu de urbe cinematográfica (aludiu á recente visita de John Malkovich), agradeceu ao actor que sexa "un coruñés máis" e concedeulle o título de Fillo Adoptivo da Zapateira. "Na Zapateira hai un hospital, podería gravarse un capítulo da serie", chanceou o rexedor.

Comentarios