Vídeos

Sobe a tensión en Hong Kong cos voos cancelados e un ton máis duro de Pequín

A tensión segue en aumento en Hong Kong, despois de que as autoridades locais cancelasen este luns todos os seus voos desde o catro da tarde —hora local— ante a ocupación do aeroporto internacional por parte de máis de 5.000 manifestantes, que protestan contra o uso da forza pola Policía durante a pasada fin de semana. As autoridades esperan renovar os voos este martes.

Pola súa banda, Pequín xulgou os sucesos do pasado fin de semana con máis dureza da habitual ao cualificar de "violencia extrema" os "ataques" de manifestantes a comisarías e policías, o que, segundo as autoridades, constitúe "un serio delito penal e un sinal de terrorismo".

Comentarios