Vídeos

As dificultades de Woody Harrelson para volver o seu asento en Wimbledon

Woody Harrelson protagonizou unha cómica escea que está sendo moi comentada en redes sociais. O intérprete asistiu ao torneo de Wimbledon e, nun momento dado, levantouse para ir a por unha bebida. Cando Harrelson quixo regresar ao seu asento, un axente de seguridade impediullo. A súa cara de resignación é todo un poema. 

Comentarios