Vídeos

O xefe da xunta militar de Tailandia búrlase da prensa

O primeiro ministro de Tailandia, Prayut Chan-ocha, deixou os xornalistas cunha fotografía a tamaño real súa e de cartón tras un micrófono para que 'contestase' as preguntas comprometidas durante un encontro en Bangkok. "Calquera que desexe sacar fotos e facer preguntas sobre política o conflitos, que lle pregunte a el", dixo o xeneral Prayut, xefe da xunta militar, que ten un particular sentido do humor, antes de despedirse cun saúdo e algo parecido a unha peineta.