viernes. 28.02.2020 |
El tiempo
viernes. 28.02.2020
El tiempo

VÍDEOS

As xenerosas palabras de Bong Joon-ho sobre Martin Scorsese

A cinta surcoreana Parásitos foi a gran triunfadora na 92ª edición dos Oscar ao facerse con catro premios: mellor película internacional, mellor guión orixinal, mellor dirección e mellor película. Un galardón, este último, co que fixo historia ao converterse na primeira película de fala non inglesa que o consegue. O seu director, Bong Joon-ho, pronunciou un inspirador discurso no que dedicou unhas xenerosas palabras a Martin Scorsese, uns dos seus referentes cinematográficos.