Vídeos

O 'zasca' de Pedro Piqueras a Vox en pleno directo

Pedro Piqueras sorprendeu este luns aos teleespectadores do informativo de Telecinco ao lanzar un ataque a Vox en pleno directo.

O presentador informaba sobre a polémica frase utilizada por Vox tras conseguir representación no Parlamento Europeo e o Concello de Madrid. "Ya hemos pasao", compartiu a formación ultradereitista en redes en resposta ao lema antifascista 'No pasarán', que se lía en Madrid durante a guerra civil.

O comentario final de Piqueras non deixou a ninguén indiferente: "Como se non estivésemos xa no século XXI".