A Academia Galega do Audiovisual aprazou a celebración da XIX edición dos Premios Mestre Mateo, que estaba prevista para o 1 de febreiro, ata o 10 de abril polas novas restricións decretadas pola Xunta para frear os contaxios de coronavirus.
Nun comunicado emitido este martes, a Academia explica que tomaron a decisión de atrasar a gala polas medidas que entran en vigor esta medianoite e que obrigan a suspender as actividades culturais, entre outras.
Se a situación sanitaria permíteo, o mércores 10 de marzo terá lugar a rolda de prensa de presentación no Teatro Colón da Coruña, na que se anunciarán as candidaturas finalistas.
Na mesma localización celebrarase a entrega de Premios o sábado 10 de abril e, como estaba previsto, será unha cerimonia dirixida polo director teatral e actor Tito Asorey, presentada pola actriz e humorista Lucía Veiga e estará retransmitida pola Televisión de Galicia.
"Consideramos que é a decisión máis responsable que podemos tomar nun momento de crise sanitaria como o que estamos a vivir", detallou a Academia Galega do Audiovisual.